Estamos na bitácora dos alumnos e profesores do IES de Sada

19/11/07

KILÓMETROS DE SOLIDARIDADE



Un ano máis, e como ven sendo costume, o alumnado do instituto vai celebrar o Día dos Dereitos do Neno (20 de Novembro) cunha marcha solidaria en colaboración coa ONG “Save the Children”. Se outros anos os beneficiarios foron os nenos de Níxer, Etiopía e Sudán, esta vez serán os nenos do Congo os que reciban a nosa axuda. Compre lembrar que a organización “Save the Children” (con seriedade recoñecida a nivel internacional foi merecedora do Premio Príncipe de Asturias á Concordia nos anos 1994 e 2006) en ningún caso saca aos nenos fóra do seu entorno, senón que axuda á infancia invirtindo os fondos recaudados en proxectos solidarios dentro dos seus países de orixe.

A marcha solidaria celebrarase o vindeiro xoves, 22 de Novembro, nas horas centrais da mañá, e nela participarán os alumnos/as de 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato. Partiremos do instituto sobre ás 10.40 en dirección ao Paseo Marítimo, concentrándonos uns minutos para ler o manifesto na rotonda, e estaremos de volta sobre as 12.30 para reanuda-las clases a 5ª hora.

Se queredes depositar algún donativo, podedes facelo nas petos que levarán os rapaces ou nas que se deixarán na sala de profesores a na secretaría, ou mercando o “portalápices-calendario solidario”, actualmente en fase de preparación.

Lembramos aos profesores que teñan clase a 3ª e 4ª hora cos cursos participantes que deben acompañalos no percorrido.

Una vez máis, e no nome de “Save the Children” e dos nenos do Congo, grazas pola túa colaboración.