Caderno de Bitácora

Estamos na bitácora dos alumnos e profesores do IES de Sada

11/12/08

KILOMETROS DE SOLIDARIEDADE

Outro ano máis (e xa van cinco) fomos polas rúas de Sada para manifestar a nosa solidariedade cos nen@s do Níxer.
Os anos precedentes sairamos para xudar ós de Sudán, do Congo e do propio Níxer.
Nalgún caso a axuda precisábase porque estaban en guerra e non tiñan que comer, noutros debido a que as colleitas foran case completamente destruídas , etc.
Este ano a causa pola que , según “Save the Children”, nos piden a nosa colaboración é a suba dos precios dos cereais por mor do seu emprego na fabricación de biocombustibles.
En resumo, estamos sempre diante da mesma causa aínda que apareza disfrazada baixo diferentes máscaras: a inxustiza e a cobiza humanas que provocan tamén as mesmas consecuencias: a fame, a enfermidade, o sufrimento e a morte.

Este ano observei a mesma solidariedade e xenerosidade por parte do alumnado que en anos anteriores; collestes os petos, pedísteslle á xente a súa colaboración, entregastes pegatinas para, dese xeito, conseguir máis cartos,…

Agora quédannos por vender os almanaques; se fose posible vendelos todos, este ano enviariamos máis de mil euros e, con iso, unha vez máis, como cada ano, superariamos as cantidades recaudadas en edicións anteriores.

En nome de tod@s eses rapaces do Níxer que recibirán un prato de comida, atención sanitaria ou educativa, etc. quero dar as grazas a toda a xente que colaborou dun ou outro xeito: alumn@s, profesor@s, pais, nais, veciñ@s de Sada…

Grazas porque unha iniciativa é fermosa dende o momento en que tod@s participamos nela.

15/11/08

Calendario de exames e avaliacións 2008-09

Cun pouco de retraso, aquí tendes as fechas dos exames e avaliacións. Ben no calendario do instituto, ou todo xunto no Calendario de exames e avaliacións.

Novo curso

A partir deste articulo comeza a información do curso 2008-2009

30/06/08

Calendario de setembro

Calendario de exames e avaliacións de setembro, tamén no calendario do centro

5/06/08

Fotos de fin de curso

Fotos da despedida dos alumnos de 2º de Bach.


22/05/08

Ciencia en la calle 2008

Ciencia en la calle 2008


Outro ano máis (e van…) algúns alumnos insistiron moito en participar neste XIII Día da Ciencia na Rúa, así que alá fomos.
O tempo non acompañou pero pasámolo ben igual. Moita xente, sobre todo rapaces, viron a interesarse polas actividades que preparamos, e que foron as seguintes:
- Fabricación de xabón, partindo de distintos tipos de aceites vexetais
- Explicación de distintos métodos para obter aceites esenciais e colorantes naturais
- Reproducción a pequena escala dun Canón de Gauss
- Mostra de distintos sales cristalizados
- Fluídos non newtonianos: estudio do seu curioso comportamento
- Catalizadores: explicación de que son e como funcionan, poñendo como ejemplo a descomposición da auga osixenado
- Como facer ondas de xabón con demostración practica
Tamén pensabamos levar un tren levitante, pero empeñouse en non levitar máis que un pouquiño, así que decidimos deixalo para o vindeiro ano, porque os rapaces xa ameazan con que queren participar na próxima edición…

Ana Diaz facilitounos este artigo

20/05/08

Polonia

Todas as fotos...... ou case. Temos os orixinais gardados no instituto

polonia

Aqui en pase de diapositivas

22/03/08

V Certame Literario Luisa Vilalta




Vaise celebrar o V certame literario Luisa Vilalta, poderan participar alumnos de educación secundaria e bacharelato matriculados en centros educativos de Sada, A Coruña e a súa bisbarra.
O remate do prazo de presentación dos traballos será o día 18 de Abril as 14:00 horas.


27/01/08

2ª Olimpíada do saber


Do 11 de febreiro ó 7 de marzo celebrarase a
2ª Olimpíada do saber
Temos As bases do concurso en pdf. e a inscrición farase, do 28 de xaneiro ó 1 de febreiro, na biblioteca e na conserxería, cubrindo unha ficha.

1/01/08

Para comenzar ben o ano


Aquí tedes a revista coa programación cultural do concello para os meses de xaneiro e febreiro de 2008. Dende a cabalgata de reis ata o antroido.

10/12/07

10 de decembro - Día dos Dereitos Humanos



Os Dereitos Humanos


Os Dereitos Humanos son o conxunto de prerrogativas inherentes á natureza da persoa, cuxa realización efectiva resulta indispensábel para o desenvolvemento integral do individuo que vive nunha sociedade xuridicamente organizada. Estes dereitos, establecidos na Constitución e nas leis, deben ser recoñecidos e garantidos polo Estado. Poderiamos dicir mesmo que son aquelas esixencias que agroman da propia condición natural do home.

Cando falamos da palabra “dereito” facemos fincapé nun poder ou facultade de actuar, un permiso para obrar nun determinado sentido ou para esixir unha conducta doutro suxeito. E son chamados “humanos” porque son do home, de cada un de nós. O home é o destinatario destes dereitos. E así, reclaman recoñecemento, respecto e promoción por parte de tod@s e especialmente da autoridade. Por iso, estes dereitos son inherentes e inalienables. Os dereitos humanos son universais porque pertencen a todos os homes, a todos por igual, en todo tempo e lugar; atópanse de xeito innato ligados á natureza do home. Deben ser o piar das comunidades.

Porén, non son realmente respectados, existindo toda clase de violacións: privacións das liberdades fundamentais, torturas, imposibilidade de acceso aos servizos de saúde e auga potábel, uso de minas antipersoais, discriminación e actos terroristas que xeran catástrofes, xenocidio, nenos soldado, etc.

Ás veces, esquecémonos do realmente importante, ocupados como estamos no noso devir cotián. Son as cousas e as persoas cercanas as que realmente nos importan, as que nos fan sufrir ou aledarnos. Pero tamén sabemos que o noso oficio, o noso traballo, a nosa dedicación primeira e fundamental é formar a unha serie de persoas-proxecto, o cerne do futuro, as xeracións que poderán facer do mundo do mañá un universo máis xusto no que habitar. Somos educadores, e como tales, priorizamos tarefas como a que agora nos une. Debemos procurar que o noso alumnado reteña na súa retina e na súa memoria que días como o 25 de novembro, o 30 de xaneiro, o 8 de marzo… días coma o de hoxe existen porque hai persoas que sofren unha penuria diaria que contravén o espírito do ser humano que deberiamos abandeirar. É o noso labor tentar que eses sufrimentos non existan, que deixen de existiren eses días porque a sociedade do futuro, esa na que tanto temos nós que dicir –non o esquezamos, co noso propio exemplo- non as procura, non as necesita.

Por esta razón, aquí estamos, de novo, unidos por unha nova causa común, o Día dos Dereitos Humanos, denunciando a súa violación. Vímolo facendo dende hai tres días. Resulta, sen lugar a dúbidas, moi clarificador, que os nosos blogues estean unidos desde esas datas. Emotivo. Significativo. É o noso desexo seguir a loitar unidos. E conseguirémolo


Pica na cita e verás unha presentación feita con debuxos realizados polo alumnado de Infantil e Primaria
"Os Dereitos Humanos son os nosos dereitos. Tomémolos, defendámolos, promovámolos, esntendámolos e insistamos neles. Nutrámolos e enriquezámolos...Son o mellor de nós. Deámoslles vida" (Kofi Annan)

3/12/07

Calendario solidario Save the Children

Outro ano máis, e xa van catro, volvemos a participar na actividade proposta pola O.N.G. “Save the Children” denominada “Kilómetros de Solidaridade con ...” Esta vez a nosa axuda irá destinada ós nonos da República do Congo, que está a sufrir as consecuencias dunha despiadada guerra civil.
Como sabedes, ademais das aportacións recollidas o día da nosa “marcha-manifestación solidaria”, estamos vendendo o “calendario solidario” (deseñado polos alumnos/as de 4ºC na clase de Educación Plástica e Visual). Este ano, coa colaboración de todos/as, tentaremos vender 500 exemplares. Se o conseguimos duplicaríamos a recaudación do ano pasado.
Moitas graza, no nome dos nenos e nenas do Congo, a todos/as.
(Artigo escrito por Uxio e "pasado" por Celia)

Calendario solidario y actualización de fotos

calendario


Celia Pernas e os seus alumnos de 4º ESO fixeron un ano mais o CALENDARIO SOLIDARIO, que complementa a carreira da ONG save the children

Temos o arquivo en pdf si o queredes descargar.

2/12/07

Fotos de Save the children

BubbleShare: Share photos -


As fotos nun albúm pa podelas ver e Descargalas

Save the children 2007-08


Onde o fixemos...